Xornada de Portas Abertas en MeteoGalicia
MeteoGalicia e Radar Meteorolóxico 21 de marzo do 2014
Horarios de visita:
MeteoGalicia (Rúa Roma nº6 en Santiago de Compostela)
Dende as 10:00 ata as 13:00 e dende as 16:00 ata as 19:00 en grupos de 15 persoas por turno (a duración de cada turno é de unha hora).
Contido: como se elabora a predición meteorolóxica, rede de estacións meteorolóxicas e de calidade do aire, aparatos de medición, etc.
Radar Meteorolóxico do Monte Xesteiras en Cuntis.
Dende as 10:00 ata as 13:00 e dende as 15:00 ata as 18:00 en grupos de 12 persoas por turno (a duración de cada turno é de media hora).
Lanzamento do radiosondaxe será ás 13:00 horas (en MeteoGalicia)
Toda a xente interesada poderá inscribirse vía correo eléctrónico no enderezo [email protected] indicando necesariamente,
- emprazamento da visita
- nome
- horas mais axeitadas para realizar a visita
- correo electrónico para enviar a confirmación da hora da visita
Estas actividades van destinadas a colexios, institutos, asociacións culturais e público en xeral.
O prazo de inscrición rematará o día 20 de marzo ás 12 do mediodía.
Fuente: MeteoGalicia
http://www.meteogalicia.es/web/formacion/diaMeteoroloxico.action