Anuario Climatolóxico de Galicia 2004

Anuario Climatolóxico de Galicia 2004, 2006. Xunta de Galicía. ISBN: 84-453-3962-1. 113pp.Texto tomado de la Introducción del libroO Anuario climatolóxico de Galicia é un documento no que se recollen ...

Anuario Climatolóxico de Galicia 2004, 2006. Xunta de Galicía. ISBN: 84-453-3962-1. 113pp.

Texto tomado de la Introducción del libro

O Anuario climatolóxico de Galicia é un documento no que se recollen todos os datos ofrecidos polas estacións meteorolóxicas dependentes da Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia. Na rede intégrase tamén a estación de Corón, dependente do Centro de Investigacións Mariñas en Vilanova de Arousa.

Dende a instalación da primeira estación de observación meteorolóxica de carácter manual, que data do ano 1955, a rede de observación foise ampliando de maneira progresiva ata quedar configurada na actualidade por 35 estacións manuais repartidas por toda a xeografía galega. No ano 1998, comezouse a instalación dunha moderna rede de estacións automáticas, integrada actualmente por 27 estacións con transmisión de datos en tempo real. Neste anuario do 2004 utilizouse tamén esta información. Ao longo deste documento, para indicar que a estación é automática, engadiuselle un 'X ao nome da estación.

En todas as estacións manuais, diarias ou semanais, mídense unhas variables comúns:

  • Temperatura máxima diaria a 1.5 m.
  • Temperatura mínima diaria a 1.5 m.
  • Humidade máxima diaria a 1.5 m.
  • Humidade mínima diaria a 1.5 m.
  • Percorrido do vento (diario ou semanal).
  • Precipitación (diaria ou semanal).

Ademais, nalgunhas delas, mídense tamén as horas de sol coas que se calcula a insolación.

No caso das estacións automáticas, onde a frecuencia da toma de datos é dezminutal, as variables rexistradas son:

  • Temperatura e humidade relativa a 1.5 m.
  • Presión.
  • Velocidade e dirección do vento a 10 m.
  • Precipitación.
  • Radiación solar global en once das estacións e índice ultravioleta máximo en cinco delas.

A partir dos datos das estacións manuais e automáticas, realizouse unha análise estatística climatolóxica para o ano 2004. Naquelas localizacións en que se dispón de estación manual e automática, tomáronse soamente os da estación automática, agás no caso das variable "horas de sol" e "insolación", para as cales consideráronse os datos da estación manual. Unha das estacións automáticas, Castro Vicaludo, comezou a funcionar en maio, polo que neste caso aínda se tomou a información correspondente á estación manual. A estación automática de Punta Candeeira comezou a funcionar a finais de ano, polo que se amosará por primeira vez no anuario de 2005.

No apartado condicións sinópticas recóllese unha análise das situacións sinópticas predominantes que afectaron a Galicia ao longo de cada mes. Así mesmo, preséntanse mapas mensuais das anomalías de precipitacións, presións e temperaturas máximas e mínimas.

Esta entrada se publicó en Reportajes en 20 Abr 2006 por Francisco Martín León